
TELEASISTENCIA 900.
Estimados compañeiros e compañeiras,
Na excepcional situación na que estamos inmersos e que conleva a necesidade de reenfocar os procedementos e os métodos mediante os que, de forma habitual estamos a desenvolver o noso traballo, esixe un esforzo suplementario por parte de todos para non deixar de prestar servizos sobre todo aqueles que se volven case imprencindibles para atender o benestar da poboación.
É por elo, que dende a Deputación de Ourense, de forma excepcional e transitoria, adoptouse a decisión de que o SERVIZO DE TELEASISTENCIA se dé de alta e se preste a través dunha liña 900 especialmente habilitada para elo.
Esta liña 900, será o único método existente para que, de forma transitoria e mentres esta situación nos se regularice , se poda acceder o servizo para aquelas persoas solicitantes as que no é posible pedirlles que aporten documentación que esixa desprazamentos ou contacto con outras personas (informes medicos, sociais), e mesmo que implique visitas domiciliarias por parte dos técnicos instaladores dos dispositivos de teleasistencia.
O funcionamento é moi sinxelo, :
1. Os/as Traballadores/as sociais cumprimentaredes o formulario que se pon a vosa disposición con datos mínimos de identificación e localización.
2. Presentarase o formulario por rexistro electrónico (no caso excepcional de non ser posible facelo así, remitiredes o formulario por mail, á seguinte dirección: solicitando e autorizando expresamente a un/unha empregado/a público da Deputación que realice a presentación)
3. Realizamos o trámite de alta e directamente nos poñeremos en contacto telefónico coa persoa solicitante e tamén coa persoa de contacto para pedirlle datos necesarios para completar o seu seguimento (datos médicos de ser o caso) , e daráselle o número 900 ó que poden chamar en caso de emerxencia.
A Liña 900 só atenderá aqueles números telefónico que estén dados de alta no seu sistema como “usuario/a”, de forma que se se marca dende outro diferente non recibirá atención ainda que poderá colapsar as liñas evitando que teñan acceso aquelas que sí precisan de seguimento.
A liña 900 recibirá chamada da persoa usuaria e realizará un seguimento para comprobar o seu estado, facer recordatorios de mediciñas etc.
O servizo mediante esta liña será prestado pola mesma empresa que está a prestar o servizo ordinario de teleasistencia da Deputación de Ourense.
Unha vez superado o estado de alarma, todas as persoas de alta na liña 900 terán que solicitar a súa alta ordinaria a traves no procedemento común regulado na Ordenanza
Dende este enlace podes acceder ó formulario de solicitude.